A Xunta resalta o traballo dos 24 GDRs de Galicia

O GDR Monteval estivo onte no acto que se celebrou en Sergude e no cal se levou a cabo a creación da Mesa de Coordinación dos GDR de Galicia.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé puxo en valor o traballo dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural, os que cualificou como os “nosos ollos no territorio” e salientou a importancia da creación dun órgano de traballo coma este.

Tamén se celebraron previamente dúas sesións formativas dirixidas aos GDR. Unha primeira, enfocada á activación do rural; mentres que a segunda, orientouse ás oportunidades que ofrece a dixitalización nas aldeas modelo

Enlace a noticia https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/61151/xunta-pon-valor-traballo-dos-24-grupos-desenvolvemento-rural-galicia-creacion?langId=gl_ES

Como primicia para o noso territorio, o conselleiro informou da posta en marcha dun proxecto piloto no cal colaborará a Consellerías de Medio Rural e a Consellería de Vicepresidencia e os concellos que abrangue noso GDR, para afrontar o reto demográfico presente na nosa comarca.

Deja un comentario