Asociación Monteval GDR-9

ADECUACIÓN DE ESPAZO PARA A INSTALACIÓN DE EQUIPAMENTOS SAUDABLES E MOBILIARIO URBÁN EN QUEIRUGÁS (VERÍN)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

As obras a describir consisten na adecuación dun espazo emprazado na Rúa da Igrexa de Queirugás para levar a cabo a instalación de equipamentos saudables e mobiliario urbán.

O ámbito obxeto conta con un recinto pechado con malla metálica que contén unha pista de fútbol de formigón.

ACTUACIONS PROPOSTAS

  1. Acondicionamento do terreo circundante á pista deportiva así como acondicionamento do acceso ao recinto mediante rebaixe do terreo para posterior execución de novo pavimento de formigón con acabado antiesvarante e xunta verde colocado sobre encachado de grava que axude a drenar as escorrentías de chuvia.
  2. Colocación de grava no perimetro do novo pavimento de formigón así como en zonas que quedan máis baixas que éste.
  3. Colocación de mobiliario urbán (bancos e papeleira) e equipamento saudable homologados para persoas maiores sobre o novo pavimento de formigón, executando previamente as zapatas de cimentación necesarias para cada elemento.
  4. Adecuación de porta metálica de acceso ao recinto para adaptala ó novo nivel do pavimento.
  5. Colocación de tepe e terra vexetal na xunta verde que se axeitará no novo pavimento de formigón.

Expediente: L17-19.20-09-0029

Promotor: CONCELLO DE VERIN

Concello e Lugar: Queirugás (Verin)

Puntuación: 39

Orzamento aceptado: 9.186,49 €

Porcentaxe axuda: 49%

Contía axuda: 4.501,38 €

 

GDR9 Monteval Verín