AVENTURA ARBÓREA: CREACIÓN DUN PARQUE ARBÓREO NO ESPAZO DE MULTIAVENTURA E OCIO OS TRES REINOS (A MEZQUITA)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

A acción que se pretende levar a cabo con este proxecto é a creación dun parque arbóreo dentro do Espazo de Multiaventura e Ocio Os Tres Reinos. Este Espazo abría a súas portas no ano 2010 co obxectivo de dinamizar o medio rural e converterse nun referente de ocio para a comarca.

Nos últimos anos a afluencia as instalacións é cada vez maior. Son moitos os colectivos que demandan a realización de escalada, un deporte de risco que está cada vez máis en auxe. Consideramos necesaria unha ampliación das instalacións que nos permita satisfacer do mellor xeito posible a demanda dos usuarios.

Este tipo de parque caracterízase porque non é necesaria cimentación nin postes artificiais, o que posibilita unha ampliación en calquer momento.
A instalación base carecen de cables de arriostramento exteriores e interiores, polo que o perímetro do parque é utilizable e moi seguro.

Cabe destacar a existencia dunha línea de vida continua que non permite a saída do usuario en ningún momento do recorrido, polo que a posibilidade de accidente é prácticamente nula e a actividade resulta moito máis autónoma.

FINS E OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE

  • Incrementar a oferta de actividades de ocio no concello.
  • Potenciar o turismo ecolóxico e deportivo no rural.
  • Crear un novo espazo de mercado así como unha nova fonte de desenvolvemento no rural
  • Mellorar os coñecementos que teñen os nenos do rural galego, das novas fontes de enerxía e das actividades deportivas no rural.
  • Promocionar o concello de A Mezquita.
  • Valorizar o entorno e aproveitar as vantaxes que ofrece a nosa terra para a realización das actividades de ocio e tempo de lecer.

Expediente: L17-19.20-09-0018

Promotor: ASOCIACIÓN CULTURAL OS TRES REINOS

Concello e Lugar: Santigoso (A Mezquita)

Puntuación: 49

Orzamento aceptado: 22.500 €

Porcentaxe axuda: 59%

Contía axuda: 13.275 €

GDR9 Monteval Proxectos