Asociación Monteval GDR-9

CREACIÓN DE AULA TECNOLÓXICA EN OÍMBRA

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Creación e dinamización dun espazo público de libre acceso, adicado ao fomento da sociedade da información, mediante a promoción do acceso aos veciños/as ás tecnoloxías da información e da comunicación. Tratando de xerar proxectos e iniciativas entre as persoas, conectándoas e estimulando a súa capacidade de transformar e mellorar o concello a través das TICS.

Dirixido ao público en xeral, as actividades programadas irán dirixidas prioritariamente aos sectores máis desfavorecidos ou con menos posibilidades de acceso ás tecnoloxías da información.

As actividades que se preveen levar a cabo para todos os públicos son:

  • Curso de introdución á internet
  • Curso de introducción ás redes sociais
  • Perigos na internet

Expediente: L17-19.20-09-0019

Promotor: CONCELLO DE OIMBRA

Concello e Lugar: Oimbra

Puntuación: 39

Orzamento aceptado: 12.996,62 €

Porcentaxe axuda: 58,50%

Contía axuda: 7.603,02 €

6 Oimbra 17