CURSO: PANIFICACIÓN TRADICIONAL

Moitas grazas polo voso interese, pero xa temos todas as prazas ocupadas. Informarémosvos dos horarios definitivos e dos grupos

Neste curso, os nosos participantes lembraranse do famoso programa de cociña dos 80, porque realmente van estar na cociña coas mans na masa.

Os temas mais interesantes a tratar neste obradoiro serán os seguintes:

1.Materias primas e instrumentos necesarios para a elaboración: A Tafona

2.Tipos de fariñas.

3.Fermentos naturais (masa nai): Elaboración, activación e conservación.

4.Técnicas de elaboración:

  •   Elaboración da masa
  •   O Proceso de fermentación
  •   Amasado
  •   Formación das Pezas

5. Enfornado e cocción do pan.

Tratarase dun curso práctico no que os alumnos realizarán as elaboracións de xeito individual baixo a supervisión dos monitores.

LUGAR: A RASELA (Verín), nun entorno ben coñecido polo Leader, debido ao proxecto levado a cabo por Andrés Rodríguez  de "Edificio e Equipación Maquinaria Destinado a Panadería, Pastelería e Derivados de Lácteos" na anualidade 2017-2018.

COMEZO: 14 de Setembro de 2020 en Horario de Tarde

A duración do curso será de 12 horas distribuídas en tres xornadas e con grupos reducidos de 8 participantes, coa fin de preservar ao máximo a seguridade e saúde de tódolos asistentes.

INSCRICIÓN: Gratuita na oficina de Monteval  (Polígono de Pazos) ou no 988.59.02.33

Deja un comentario