INSTALACIÓN DE REDE INALÁMBRICA DE BANDA ANCHA (OIMBRA)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

O proxecto consiste en artellar unha rede de acceso a Internet de banda ancha nos “locais sociais” que hai en cada un dos 10 pobos que conforman o Concello de Oímbra, podendo conectarse por  WIFI ou tamén por rede local, extendendo  asi a Fibra Óptica dende o pobo de Oimbra ao resto de poboacións do termo municipal.

Subxace o obxectivo fundamental de romper coa fenda dixital , a desigualdade ó acceso as novas tecnoloxías da información e comunicación entre os habitantes das zonas rurais,.

Esta rede será subsceptible de utilizar por calquera persoa que se achegue ao entorno dos ditos locais sociais, (case todos están ubicados estratéxicamente, ben perto de áreas de lecer, parques infantís, etrc..) Non se pretende levar a conexión a cada vivenda do pobo, senón ofrecer unha conexión global que calquera poda usar gratuitamente, como un servizo do Concello de Oimbra a os seus veciños, en ningún caso se pretende entrar en competencia con ningún operador de telecomunicacións.

Expediente: L20-19.20-09-0115

Promotor: Concello de Oímbra

Concello e Lugar: Aldeas do Concello de Oímbra

Puntuación: 49,50

Orzamento aceptado: 10.073,23  €

Porcentaxe axuda: 74,25 %

Contía axuda: 7.479,37  €

115 Oimbra