Limpeza, recuperación e posta en valor do Castro de San Millao

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Intervención Arqueolóxica, para limpeza, recuperación e posta en valor do Castro de San Millao. Está o Concello de Cualedro iniciando a recuperación do Castro da Cidá de San Millao. Pretenden realizar unha actuación encamiñada á limpeza, restauro e consolidación do monumento para conseguir a posta en valor dun monumento histórico de primeirísima magnitude. Realizarase en tres fases; 1.  Limpeza superficial do recisto, 2. Excavación arqueolóxica, 3. Recuperación de construcción, restauro e consolidación.

Expediente: L18-19.20-09-0049

Promotor: Concello de Cualedro

Concello e Lugar: San Millao (Cualedro)

Puntuación: 54

Orzamento aceptado: 18.361,75 €

Porcentaxe axuda: 81%

Contía axuda: 14.873,02 €

049 Cualedro