MOBILIARIO URBANO EN PIORNEDO (CASTRELO DO VAL)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

O pobo de Piornedo pertencente ao Concello de Castrelo do Val, conta cunha poboación cada día máis envellecida. Os veciños que viven alí reúnense na rúa sentandose en bancos ao carón duna praza, alí conversan, intercambian experiencias e, así fomentase a convivencia veciñal.

Na actualidade os bancos que existen e que tiñan por costume usar atópanse moi deteriorados debido ao paso do tempo, sendo preciso o cambio dos mesmos.

Expediente: L20-19.20-09-0122

Promotor: Concello de Castrelo do Val

Concello e Lugar: Piornedo (Castrelo do Val)

Puntuación: 46

Orzamento aceptado: 1.639,55  €

Porcentaxe axuda: 56 %

Contía axuda: 918,15 €

122