Novas

Aquí poderás consultar toda a actualidade relacionada ca Asociación Monteval GDR-9

PROXECTOS CON AXUDA E LISTA DE AGARDA 23-24

Presentamos o listado definitivo dos proxectos que obtiveron axuda na anualidade 23-24 e o listado dos proxectos que permanece en lista de agarda. A orde destes proxectos é pola puntuación acadada na baremación da estratexia
Ler máis

Elaboración Final do plan de acción da estratexia Monteval

No salón de plenos do Concello de Monterrei, tivemos a primeira reunión da directiva de Monteval, incluíndo os novos directivos, por mor das eleccións municipais, na que aprobamos o plan de acción que rexerá a subvencionalidade de proxectos no novo programa Leader 2023-2027 e outras cuestións para o correcto funcioanamento do GDR. Unha vez rematada…
Ler máis

SEGUINTE FASE DA ELABORACIÓN DA NOVA ESTRATEXIA DE MONTEVAL

Na Asociación Monteval continúamos elaborando a nova Estratexia de desenvolvemento local para o período 2023-2027. A vindeira semana poremos en marcha un novo proceso participativo para seguir a desenvolver esta estratexia que, enmarcada no Plan estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, pretende converterse na folla de ruta a seguir en cuestións como promoción do emprego,…
Ler máis

AXUDAS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS 2023

¡ ABERTA XA ! nova convocatoria de axudas dirixida á «Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias», dentro da medida 6.4 «Investimentos en actividades non agrarias» do PDR de Galicia 2014-2020. MR708A – Proxectos de investimento en actividades non agrícolas A liña de axudas principal está destinada exclusivamente…
Ler máis

Convocatoria Leader 2023-24

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ven de publicar hoxe no DOG unha nova convocatoria leader (19.2) con cargo ao PDR 2014-20 Convocatoria Leader 23-24 O máis reseñable: 1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR),…
Ler máis

enquisa avaliación do territorio

Dende Monteval seguimos traballando no proceso de elaborar a mellor Estratexia de desenvolvemento local para o noso territorio. Nesta ocasión necesitamos a vosa opinión mediante a seguinte enquisa, a información é moi valiosa para coñecer as principais necesidades pero tamén as oportunidades que se poidan dar no territorio.        ENQUISA ENQUISA
Ler máis

Elaboración da Nova Estratexia de Desenvolvemento Local

A Asociación Monteval continúa dando pasos na elaboración da súa Estratexia de desenvolvemento local para o período 2023-2027. A vindeira semana porase en marcha un novo proceso participativo para seguir a desenvolver esta estratexia que, enmarcada no Plan estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, pretende converterse na folla de ruta a seguir en cuestións como…
Ler máis

ASÓCIATE

PROCESO DE ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL Na Asociación Monteval rexémonos polo principio de portas abertas, polo que estaremos encantados de poder contar con vós, para conxuntamente, crear un mellor rural para todos. Se como asociación queres facerte socio da Asociación Monteval GDR-9, so tes que enviarnos o seguinte formulario cumplimentado, unha copia…
Ler máis

gdrs e os servizos

LEADER mellora a calidade de vida no rural Mellorando os servizos que se prestan ás persoas con diversidade funcional. Traballando pola inclusión e a igualdade plenas. Apoiando proxectos de carácter social ou cultural. Dinamizando a actividade local. Queres saber máis? Contámoscho no vídeo!
Ler máis

GDRs e a diversificación económica

As zonas rurais son espazos cheos de oportunidades para todo tipo de actividades económicas. Por iso, un dos nosos obxectivos é a diversificación económica. Dende os GDR, apoiamos todas aquelas actividades que xeren emprego e fixen poboación. Tes un proxecto na mente? LEADER faino posible.
Ler máis

GDRs e o Sector Primario

Os sectores agrario e forestal son os piares tradicionais do noso Medio Rural. E grazas ao programa LEADER, dende os GDR estamos a mellorar a súa sustentabilidade e a súa competitividade. Explicámoscho neste vídeo
Ler máis

30 anos traballando polo rural

Que son os GDR? Cal é o seu propósito? E quen pode participar? Bótalle un ollo ao vídeo para coñecer as claves da metodoloxía LEADER. Un xeito diferente de traballar no desenvolvemento rural que funciona con éxito dende hai 30 anos.
Ler máis

Xornada informativa Axudas de GAIN para as empresas

A Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense xunto con AEVER organizan á xornada informativa para presentar as novas axudas públicas Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas, que terá lugar o vindeiro luns 2 de maio ás 12:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Verín en formato híbrido (presencial e…
Ler máis

proxectos con axuda e lista de agarda 21-22

PROXECTOS CON AXUDA E LISTA DE AGARDA 21-22 Presentamos o listado definitivo dos proxectos que obtiveron axuda na anualidade 21-22 e o listado dos proxectos que permanece en lista de agarda. A orde destes proxectos é pola puntuación acadada na baremación da estratexia
Ler máis

NÓS DETRÁS DAS CÁMARAS

Como colofón a este espectacular proxecto, realizado polo GDR-9 e Claqueta Coqueta, querémosvos presentar como se realizou, cales son os pensamentos dos principais protagonistas, os retos que tiveron que superar, a súa transformación para saber expresarse e como se creou un grupo de amigos de diferentes xeracións implicadas na vida no rural
Ler máis

NÓS VILARDEVÓS

Noso último protagonista, e non por elo menos importante, é Roi e vén de Arzoá, no Concello de Vilardevós. A través da súa gran afición, a pesca, Roi fainos ver coma se pode compaxinar dun xeito perfecto as ensinanzas de seus maiores pasando tempo con eles con realizar unha actividade que só no rural se…
Ler máis

NÓS VERÍN

Noso protagonista de hoxe é Antonio, coñecido por todos como Cesteiro, é destas persoas que se fai moi difícil describir porque el forma parte da esencia de Verín, da súa historia e do seu presente. Sempre moi vinculado á súa terra, tanto persoal coma laboralmente, vendo en Verín un lugar con infinitas posibilidades, e sen…
Ler máis

NÓS RIÓS

Hoxe noso protagonista é Roi, e vén de Cortegada no Concello de Riós. Vivir no rural permítenos ter máis independencia e autonomía xa dende moi pequechiños, e Roi sabe moito diso, senón coma el e seus compiches serían capaces de facer as súas trastadas que tanto os divirten na aldea? Crecer con alegría, picardía, seguridade…
Ler máis

NÓS OIMBRA

Gabriela é hoxe nosa protagonista e vén de San Cibrao, no Concello de Oímbra. Coas súas palabras amósanos o marabilloso que é vivir unha infancia no rural, que unha convivencia entre cativos e maiores é posible e incluso necesaria, que a liberdade é un privilexio que só no rural podemos disfrutar plenamente, que aquí se…
Ler máis

NÓS MONTERREI

Hoxe nosa protagonista é Julia, e vén da Madalena, no Concello Monterrei. Ela foi quen de transmitirnos a través das súas palabras, da paz, alegría e ilusión que o rural lle aporta no seu día a día, tras deixar unha vida atrás na cidade…porque nunca é tarde para volver a comezar. Adiante vídeo https://youtu.be/p4aYouw55R8
Ler máis

NÓS LAZA

Noa é hoxe nosa protagonista e vén de Souteliño, no Concello de Laza. Tradición, sentimento e orgullo son os sentimentos que nos invaden ao escoitar falar de algo tan noso como é o Entroido. Non é unha festa, é un xeito de vida, e Noa sabe como facérnolo sentir. Vai por tódolos entroideiros e entroideiras…
Ler máis

NÓS CUALEDRO

Hoxe presentamos a Martiño, arqueólogo de profesión e de vocación, grazas a el coñecimos dun xeito diferente o pasado do Concello de Cualedro e descubrimos a inmensa riqueza que éste posúe. Se hai miles de anos, nosos ancestros decidiron asentarse en San Millao e A Saceda, por algo sería non? Adiante vídeo
Ler máis

NÓS CASTRELO DO VAL

Hoxe é o turno de Aníbal, vén de Castrelo do Val, e grazas a el descubrimos que iso do amor para toda a vida sí existe, e que unha familia e un pobo unido, poden con absolutamente todo. Este vídeo vai por el, por súa Felisa, e por todas aquelas familias que conviven día a…
Ler máis

NÓS: A MEZQUITA

Hoxe presentámosvos a Unai, noso pequeno amante dos animais, procedente do Concello de A Mezquita. Del conquistounos súa dulzura e non cambia a vida no rural por nada, e ti? Adiante vídeo
Ler máis

GRAZAS

G R A Z A S Grazas por acompañarnos Grazas polos ánimos Grazas pola emoción Grazas polas risas Grazas por ser nosa voz Grazas polas mensaxes Grazas por valorar o noso Grazas por confiar no noso traballo Grazas por axudar aos que máis o precisan… En definitiva, grazas por estar e por ser, NÓS, SEMPRE
Ler máis

GALA PRESENTACIÓN DE «NÓS»

O Auditorio de Verín acollerá a presentación de «NÓS», un proxecto audiovisual realizado polo GDR Monteval e ideada e producida por Claqueta Coqueta da man do seu director Rubén Riós. «NÓS», concebido coma unha curta documental ligada a unha webserie, apóiase en tres pilares básicos da realidade do noso rural: a infancia, os retornados e…
Ler máis

💜 O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 💜

Dende Monteval berramos «NON A VIOLENCIA DE XÉNERO» !!!!   Moitísimas grazas a todas as persoas que participaron nas andainas dos #GDR de Galicia para decir un rotundo non á violencia de xénero!
Ler máis

ANDAINA SOLIDARIA

«𝐎 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐚 𝐯𝐢𝐨𝐥𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐱𝐞́𝐧𝐞𝐫𝐨», lema da andaina solidaria que se celebrará o próximo 13 de novembro no tramo, do Camiño de Santiago, Praza da Alameda de Verín – Castelo de Monterrei. Monteval, e todos os Grupos de Desenvolvemento Rural estamos a traballar nesta iniciativa conxunta poñendo en marcha esta actividade para concienciar…
Ler máis

CURSO REPOSTERÍA TRADICIONAL

CURSO: PASTELERÍA E REPOSTERÍA TRADICIONAL Volvemos logo dun curto verán a meternos de novo na cociña e gozar coa maxia da repo stería. Os temas mais interesantes a tratar neste obradoiro serán os seguintes: 1. Aparellos e maquinaria na pastelería e repostería. 2. Materias primas auxiliares. 3. Técnicas e operación básicas en pastelería e repostería.…
Ler máis

A Xunta resalta o traballo dos 24 GDRs de Galicia

O GDR Monteval estivo onte no acto que se celebrou en Sergude e no cal se levou a cabo a creación da Mesa de Coordinación dos GDR de Galicia. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé puxo en valor o traballo dos 24…
Ler máis

Balance Peche Convocatoria 2021

Facemos esta publicación para AGRADECER a toda esa xente que cre no rural e no Programa Leader para levar a cabo os seus proxectos, onte pechouse convocatoria e sumamos un total de preto de 4 millóns de € de investimento.Un ano máis queda demostrado que nosa xente quere vivir, traballar e facer RURAL!Grazas a Consellería…
Ler máis

PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS LEADER CONVOCATORIA 2021

Querémosvos recordar a todos os interesados en solicitar a Axuda Leader para o ano 2021-22 que o prazo comenzou o día 4 de MAIO e remata o 03 DE XUÑO DE 2021. Para calquera dúbida sobre os vosos proxectos e a tramitación non dubidedes en visitarnos na nosa oficina no Polígono de Pazos. Para todos…
Ler máis

Monteval empodera ás «súper avoas»

Dende Monteval, e en colaboración coa Denominación de Orixe de Monterrei, como destino da partida de fondos que ésta asociación conta de forma anual para a realización de actividades de conmemoración contra  a violencia de xénero, e ante as restricións sanitarias pola Covid-19, decidimos que o mellor “acto” que podíamos realizar sería un recoñecemento a…
Ler máis

CURSO PANIFICACIÓN TRADICIONAL

CURSO: PANIFICACIÓN TRADICIONAL Moitas grazas polo voso interese, pero xa temos todas as prazas ocupadas. Informarémosvos dos horarios definitivos e dos grupos Neste curso, os nosos participantes lembraranse do famoso programa de cociña dos 80, porque realmente van estar na cociña coas mans na masa. Os temas mais interesantes a tratar neste obradoiro serán os…
Ler máis

O Rural Vive, Vive o Rural

Hoxe é un día importante para os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia porque lanzamos a campaña «O rural vive, Vive o rural», coa que pretendemos seguir reivindicando o protagonismo do territorio rural galego, darlle un novo pulo á posta en valor da súa riqueza e dos seus atractivos e contribuír á súa…
Ler máis

2º Encontros Participativos Estratexia Vitivinicola

Xa están validadas as datas para os segundos encontros participativos, para deseñar a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia en cada un dos Consellos Reguladores. No caso da DO Monterrei sería o: Martes 24 de Marzo ás 10 da maña. Sede do GDR-9 no Centro de desenvolvemento Cooperativo do…
Ler máis

Undécima edición dos Premios Agader

Coa finalidade de premiar aquelas iniciativas que contribúan a xerar unha sociedade máis dinámica e cohesionada, convócase a undécima edición dos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR709A) Enlace as bases —-> Enlace a sede electrónica —->   Resumo das categorías: a) Categoría mocidade, para as iniciativas levadas a cabo por…
Ler máis

PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS LEADER CONVOCATORIA DE 2020

Querémosvos recordar a todos os interesados en solicitar a Axuda Leader para o ano 2020 que o prazo remata o 31 DE XANEIRO DE 2020. Para calquera dúbida sobre os vosos proxectos e a tramitación non dubidedes en visitarnos na nosa oficina no Polígono de Pazos. Para tramitar as solicitudes, nesta convocatoria todos os promotores…
Ler máis

FORMACIÓN PARA SER UN SUPERHEROE

O próximo mes de Xullo en Verín e en primicia con outras importantes cidades galegas, temos o privilexio de poder participar nesta formación. SEBUSCANHEROES   ¿QUE É «BÚSCANSE HEROES»? Búscanse Heroes (WE) é un programa de Mellora da Empleabilidade e de Apoio ao Emprendimento dirixido preferentemente a mulleres novas e persoas emprendedoras desempregadas en xeral,…
Ler máis

obradoiro de emprendemento e empoderamento

Dende a Asociación Monteval querémosvos invitar a este obradoiro promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. ESTES SERÁN OS CONTIDOS DO OBRADOIRO
Ler máis

¿Novos pretendientes ao «Trono de Ferro»?

Desde a Asociación Monteval estamos formando aos nosos veciños na arte tradicional da forxa. E xa se empezan a ver os primeiros resultados. Estarán preparados para cando chegue o inverno Todo un éxito este curso, agradecerlle aos nosos participantes o seu empeño e este é o resultado que o demostra.
Ler máis

CURSO DE INICIACIÓN A FORXA TRADICIONAL

Seguindo coa formación da anualidade do 2019, a Asociación Monteval, imos ofrecer un novo curso totalmente innovador para esta zona e de moita actualidade debido aos millóns de seguidores da serie «Xogo de Tronos», tratase de: INICIACIÓN A FORXA TRADICIONAL Os temas a tratar neste obradoiro serán os seguintes: Coñecemento dunha forxa. O lume de…
Ler máis

Curso de Elaboración de Licores Ecolóxicos

Seguimos apostando pola formación dos nosos veciños do GDR-9, continuamos co noso plan de formación para este ano 2019 co curso de: ELABORACIÓN DE LICORES ECOLÓXICOS Os temas a tratar neste obradoiro serán os seguintes: Definición e orixe do licores. Selección da augardente. Calidade dos destilados artesáns. Lexislación e impostos. Os licores tradicionais. Elaboración de…
Ler máis

CURSO DE VITICULTURA

Comezamos co noso plan de formación para este ano 2019. Para os mais madrugadores temos o curso de: CURSO DE VITICULTURA: PODA E ENXERTO DE VIDES Os temas mais interesantes a tratar neste obradoiro serán os seguintes: Viticultura ecolóxica Condicións, características e peculiaridades da viticultura no territorio da DO Monterrei Poda dos bacelos (Práctico) Enxertos…
Ler máis

Encontro dos GDRs de Galicia no territorio do GDR9

A Asociación Monteval, actuou de anfitriona no encontro entre a xunta directiva dos grupos de desenvolvemento rural de Galicia, o conselleiro de Medio Rural e outros responsables da Xunta de Galicia, levado a cabo nas salas do  Parador do Castelo de Monterrei. Nesta xuntanza os GDRs espuxeron os excelentes resultados dos proxectos levados a cabo nestas anualidades e…
Ler máis

AXUDAS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS 2019-2020

  A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de publicar no DOGA, (28/01/2019) a convocatoria de axudas para adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, destinadas para pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias. Destacables da Orde: Prazo de presentación (29/01/2019 – 28/02/2019) Persoas beneficiarias: As microempresas e as pequenas empresas…
Ler máis

CURSO INTRODUCIÓN Á MICOLOXÍA

Para rematar a formación deste ano ofrecemos este curso na Gudiña. Os temas a tratar neste curso serán os seguintes: Introdución á bioloxía dos fungos. Os cogomelos. Anatomía e pautas de identificación. Achegamento ás especies máis coñecidas. Saída ao campo e identificación dos cogomelos atopados en distintos ecosistemas. O curso constará de dúas xornadas teóricas…
Ler máis

CURSOS FORMACIÓN “AVANZAR EN TEMPOS DIFÍCILES”

A Asociación Monteval GDR-9 segue apostando polo empresariado local como clave para o desenvolvemento económico do territorio que atende. Ante esta situación, Monteval inclúe dentro das actuacións previstas para 2018 dous cursos formativos gratuitos coas últimas metodoloxías en temas de xestión e desenvolvemento de negocios. Desta forma o alumnado aprenderá da man de ferramentas tan…
Ler máis

PROXECTOS APROBADOS CONVOCATORIA 2018-2019

Na Xunta directiva do 30 de Xullo, foron expostos os proxectos das convocatorias de este ano e aprobouse a lista definitiva de expedientes, que se subvencionarán no GDR-9 a cargo de esta anualidade 18-19. Estes proxectos clasifícanse en: Produtivos:  Non Produtivos Públicos:  Non Produtivos Privados: 
Ler máis

PROXECTOS CORRESPONDENTES Á PRIMEIRA CONVOCATORIA 2018 CON INFORME FAVORABLE

Xa temos o listado de proxectos desta primeira convovatoria do 2018, que rematou o pasado 2 de Abril, este listado inclúe, os proxectos presentados na primeira convocatoria e que recibiron a aceptación por parte de AGADER. Foron tramitados 27 expedientes, 24 teñen unha valoración positiva, e os 3 restantes non alcanzaron a consideración de subvencionable.…
Ler máis

ASEMBLEA XERAL 2018

O día 23 de Maio do 2018, tivemos no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, a primeira Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2018, na cal tratáronse os seguintes puntos: Aprobación da Acta anterior (07-06-2017) Resumo dos proxectos tramitados no ano 2017 Presentación dos novos proxectos do ano 2018 Presentación do Manual…
Ler máis

CURSO DE PODA DE VIÑEDOS

Continuamos co noso plan de formación cun novo curso que ofertamos para este ano. CURSO DE PODA DE VIÑEDOS Os temas a tratar neste obradoiro serán os seguintes: Necesidade e interese da poda. O equilibrio das plantas. Sistemas e tipos de poda das vides. Sistemas de conducción. Poda invernal e poda en verde. A Poda…
Ler máis

CURSO DE PODA DE CASTIÑEIROS PARA PRODUCIÓN DE FROITO

Comezamos cos cursos que temos programados para este ano 2018 no noso plan de formación. Recordarvos que están destinados para incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio e coa finalidade de mellorar a capacitación para o emprego.   CURSO PODA DE CASTIÑEIROS PARA PRODUCIÓN DE CASTAÑA DE CALIDADE   Os temas a tratar neste…
Ler máis

PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS LEADER CONVOCATORIA DE 2018

Querémosvos recordar a todos os interesados en solicitar a Axuda Leader para o ano 2018 que o prazo remata o 31 DE MARZO DE 2018. Para calquera dúbida sobre os vosos proxectos e a tramitación non dubidedes en visitarnos na nosa oficina no Polígono de Pazos. Para tramitar as solicitudes, as persoas físicas poden facelo…
Ler máis

Axudas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas 2018-2019

  A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de publicar no DOGA, (29/01/2018) a convocatoria de axudas para adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, destinadas para pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias. Destacables da Orde: Prazo de presentación (30/01/2018 – 28/02/2018) Persoas beneficiarias: As microempresas e…
Ler máis

CURSOS: MANIPULADOR DE FITOSANITARIOS, MANEXO DE SOUTOS E PRODUCIÓN DE CASTAÑA DE CALIDADE E MICOLOXÍA

Continuamos co noso plan de formación cos novos cursos que ofertamos para este ano.   INTRODUCIÓN Á MICOLOXÍA Os temas a tratar neste curso serán os seguintes: Introdución á bioloxía dos fungos. Os cogomelos. Anatomía e pautas de identificación. Achegamento ás especies máis coñecidas. Lugar: Casa da Cultura. Albarellos Fechas – Horarios: Comezo 6 de Novembro…
Ler máis

CURSO DE PODA DE CASTIÑEIROS

Comezamos cos cursos que temos programados para este ano 2017 no noso plan de formación. Recordarvos que están destinados para incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio e coa finalidade de mellorar a capacitación para o emprego.   CURSO TEÓRICO PRÁCTICO DE PODA DE CASTIÑEIROS PARA PRODUCIÓN DE FROITO, MANEXO DA MOTOSERRA E ENXERTOS…
Ler máis

Proxectos correspondentes á primeira convocatoria 2017 con informe favorable

    Presentamos, na lista seguinte, os proxectos presentados na primeira convocatoria que recibiron aceptación por parte de AGADER. De 36 expedientes tramitados, 20 teñen unha valoración positiva, 10 foron desistencias e os restantes denegouselles a axuda. Suman cerca de 3 millóns de euros en solicitudes, un 80% dos proxectos de carácter produtivo e un…
Ler máis

Estreamos nova web en Monteval

Benvidos a nova web da Asociación Monteval GDR-9. Abrimos esta nova canle de comunicación para todo aquel que requira información, asesoramento e xestión das axudas do Plan Leader 2014-2020. A traves das páxinas de novas e eventos poderedes cosultar todas as novidades, charlas, e demáis acontecementos nos que participemos. Xa levamos dende que comezou o…
Ler máis