Asociación Monteval GDR-9

REHABILITACIÓN DO PALCO DA MÚSICA DA ALAMEDA DE VILAZA (MONTERREI)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

O Concello de Monterrei pretende facer as obras de restauración dun elemento da arquitectura civil das primeiras décadas do século pasado: O Palco da Música.
Na actualidade a estructura do palco atópase desestabilizada debido a acción das raíces das árbores e ao efecto das cheas periódicas nas que as augas do río Búbal asolagan a zona.

Preténdese realizar a restauración deste elemento senlleiro da arquitectura civil.

As obras a realizar consitirán no desmontado do palco, e o montaxe das pezas. Acometendo as seguintes obras:

  • Excavación e formación da placa de cimentación con formigón armado.
  • Desmontaxe do palco, formación dunha estructura interior e montaxe do palco.
  • Formación dun solado de lastro de granito moreno e restauración do céspede.

Expediente: L17-19.20-09-0039

Promotor: CONCELLO DA MONTERREI

Concello e Lugar: Vilaza (Monterrei)

Puntuación: 49

Orzamento aceptado: 9.498,50 €

Porcentaxe axuda: 73,50%

Contía axuda: 6.981,40 €

 

L17-19.20-09-0039-Concello-Monterrei