Asociación Monteval GDR-9

SONDAXES ARQUEOLÓXICAS NO CASTELO PEQUEÑO DE SANTIGOSO (A MEZQUITA)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Pretendemos actuar na parte mais setentrional do xacemento (pedras fincadas). Este é un dos elementos máis característicos dos sistemas defensivos dos poboados fortificados da Idade do Ferro, facilmente recoñecibles pero pouco estudados nesta comarca.

Localízanse en zonas de fácil acceso, dificultando o paso por unha determinada zona. Ademais desta función defensiva temos que subliñar a súa función como elementos visuais de monumentalización do sitio.

Tamén se actuará no recinto central elevado sobre o espazo circundante ou croa para verificar a posible habitabilidade ou non da mesma. Por último actuarase no foxo para achegarnos a estas estruturas defensivas dende un punto de vista crono-funcional e

estrutural e habitacional.

Por outra parte, realizarase unha actuación de posta en valor nun tramo da muralla na parte máis setentrional, mediante o desentullado e a súa consolidación posterior co obxectivo de realzar a principal estrutura defensiva do castro e difundir os seus valores monumentais.

Para esta actuación proponse a apertura de 3 sondaxes de 3 x 3 m e 1 sondaxe de 5 x 3 m que consistirá unicamente no desentullo sobre un tramo de muralla de cara á súa consolidación e posta en valor no futuro.

Expediente: L19-19.20-09-0095

Promotor: Concello de A Mezquita

Concello e Lugar: Santigoso - (A Mezquita)

Puntuación: 53

Orzamento aceptado: 15.239,19 €

Porcentaxe axuda: 79,50%

Contía axuda: 12.115,16 €

0095