Musealización “Estela do Guerreiro”
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Este proxecto levarase a cabo no centro de interpretación patrimonial de Castrelo do Val. O centro de interpretación do patrimonio está situado no centro de Castrelo do Val, na mesma área que o concello, o teleclub, Centro de saúde, colexio…
O investimento consiste na musealización mediante paneis e video-web da “Estela do Guerreiro” a inversión será na colocación de seis paneis descritivos da historia e contexto da “Estela do Guerreiro” máis un video para web e promoción.
Expediente: L18-19.20-09-0062
Promotor: Concello de Castrelo do Val
Concello e Lugar: Castrelo do Val (Castrelo do Val)
Puntuación: 50
Orzamento aceptado: 7.139,00 €
Porcentaxe axuda: 75%
Contía axuda: 5.354,25 €