ACTUACIÓN AMBIENTAL PARA RECUPERACIÓN PAISAXÍSTICA DE ESPACIO DE LECER EN FECES DE ABAIXO (VERÍN)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

As obras a describir consisten nunha actuación ambiental para levar a cabo a recuperación paisaxística dun espazo de lecer existente na Rúa da Lama S/N de Feces de Abaixo. A edificación está situada na zona norte de dito núcleo rural do concello de Verín.

O obxecto da intervención é o mantemento e recuperación da paisaxe rural e natural existente no ámbito, tendo en conta que se trata dunha zona percorrida polo camiño de Santiago, lindante co solo rústico no que o entorno presume de vexetación e arboreado a excepción de algunha edificación existente na contorna. A zona de intervención é unha zona libre pública, de esparcemento, que conta cunha canle natural de auga que recolle as escorrentías do ámbito en cuxo percorrido existen unhas pozas naturais polas que discorre a auga de dito canle estando esta en continuo movemento.

Nesas pozas atravesadas pola canle de auga, antigamente a xente do pobo ía lavar a roupa e pasar o tempo utilizando o ámbito tamén como espazo de lecer, esparcemento e encontro da vecindade

Expediente: L21-19.20-09-0155

Promotor: Concello de Verín

Concello e Lugar: Feces (Verín)

Puntuación: 50

Orzamento aceptado: 11.751,00 €

Porcentaxe axuda: 75 %

Contía axuda: 8.813,25  €

155