ACTUACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTELO PEQUENO DE SANTIGOSO (A MEZQUITA)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Iniciativa por parte da Corporación municipal da Mezquita de traballar en prol do coñecemento do Castelo Pequeno, encomendase a redacción dun anteproxecto arqueolóxico cuxos obxectivos primordiais sexan a prospección LIDAR, intensiva e extensiva de campo, recollida de patrimonio inmaterial, voo fotogramétrico, fotografías aéreas e plano en planta con curvas de nivel.
Durante a prospección localizouse material arqueolóxico cerámico en superficie e un petróglifo no Ben denominado Castelo Grande, e situado a escasos 200 m do Castelo Pequeno de Santigoso. Depositarémolo material no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e procederase a facer 2 novas fichas do Inventario Xeral de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia.
Por outro lado, visitáronse 11 posibles xacementos apoiándonos na información tirada a través dunha prospección realizada coa tecnoloxía LIDAR.
Tamén visitáronse 4 xacementos e 1 referencia a maiores do Castelo Pequeño.
Por último, realizouse unha tarefa de prospección e contraste de información de corte etnográfico que tivo como base o traballo cartográfico.
Expediente: L17-19.20-09-0033
Promotor: CONCELLO DA MEZQUITA
Concello e Lugar: Santigoso (A Mezquita)
Puntuación: 49
Orzamento aceptado: 7.487,50 €
Porcentaxe axuda: 73,50%
Contía axuda: 5.503,31 €