ACTUACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTELO PEQUENO DE SANTIGOSO (A MEZQUITA)
Proxectos Non Produtivos - Entidades Públicas
O concello de A Mezquita pretende acometer un traballo de control arqueolóxico no alxibe e a súa contorna. Esta parte fundamental do xacemento, segue sen ser analizado baixo metodoloxía arqueolóxica e por tal motivo proponse unha actuación de:
Roza, limpeza e clareo de arborado do castro, cunha superficie estimada de 4.000 m². A dita limpeza e roza será manual nas zonas con estruturas arqueolóxicas visibles. Eliminaranse, de acordo cos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, aquelas árbores que dificultan a visualización das estruturas arqueolóxicas do castelo Pequeno.
Unha vez realizada esta limpeza, baixo control arqueolóxico, procederase a unha fase de rexistro arqueolóxico coa seguinte finalidade:
• Garantir a conservación e protección das estruturas monumentais que se aprecian no sitio (sistemas defensivos) e o alxibe.
• Afondar no coñecemento e investigación deste ben patrimonial.
• Realizar a súa posta en valor para favorecer a súa visita a través da mellora da súa oferta sociocultural.
-Achegar de maneira didáctica, aos alumnos e alumnas do CEIP Augusto Assia, a información coa que contamos sobre o Castelo Pequeno.
-Charla -Coloquio a realizar –pola dirección arqueolóxica- en estancia municipal para expor toda a información tirada durante a campaña 2023.
Expediente: L23-19.20-09-0179
Promotor: Concello de A Mezquita
Concello e Lugar: Santigoso (A Mezquita)
Puntuación: 56
Orzamento aceptado: 12.826,00 €
Porcentaxe axuda: 84 %
Contía axuda: 10.773,84 €