ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DA PAISAXE AGRARIA NA RUTA DOS MUIÑOS DE SANTA MARÍA DAS MERCEDES (CUALEDRO)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

No ano 2005 o Concello de Cualedro realizou unha actuación para a creación da ruta dos muíños de Sta María das Mercedes. Nesta actuación acondicionouse o camiño e as edificacións dos muíños coa rehabilitación das cubertas de lousa e a colocación de portas.

Pretende agora realizar unha actuación encamiñada a recuperar a funcionalidade dun dos muíños, incrementando así o valor etnográfico do conxunto coa posibilidade de realización de actividades lúdicas e divulgativas.

O muíño que se pretende reparar (Do Aleixo) trátase dun muíño de canle tradicional, posúe unha fermosa rampla realizada en lousa cunha elevada pendente. O seu emprazamento, xa na aldea e a carón do forno comunal fan del o ideal para a realización de actividades de tipo educativo e divulgativo amais doutras lúdicas ou gastronómicas.

A súa recuperación consistirá por unha banda na reparación da canle de xeito que se asegure a forza precisa para o seu funcionamento, e por outra na reparación do mecanismo mediante a instalación das pezas que faltan que son todas as de madeira amais do rodicio.

Expediente: L21-19.20-09-0143

Promotor: Concello de Cualedro

Concello e Lugar: As Mercedes (Cualedro)

Puntuación: 55

Orzamento aceptado: 13.704,54 €

Porcentaxe axuda: 82,50 %

Contía axuda: 11.306,25  €

143