CONSOLIDACIÓN DE ESTRUTURAS NO CASTRO DE SAN MILLAO (CUALEDRO)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Consiste nunha intervención arqueolóxica por parte do Concello de Cualedro. Por unha banda, retirada de cascallos xerados no proceso de escavacion en 1953, xa que está restando integridade ao monumento. E por outra banda, recuperar construcións, restauro e consolidación: vaise intervir sobre os elementos e estruturas exhumados co fin de asegurar a súa preservación e minimizar o seu deterioro provocado polo cambio do medio soterrado, cunhas condicións moi estables ás que os elementos arqueolóxicos xa se tiñan acondicionado, ao medio aire cunhas condicións ambientais totalmente novas e extremadamente flutuantes e agresivas.

Os traballos que se levarán a cabo respectarán os criterios actuais de conservación e restauración, tratándose de tratamentos inocuos para as estruturas orixinais, respectando os criterios de compatibilidade, non interacción e, na medida do posible, reversibilidade. As obras consistirán no restauro dos muros e levantar un par de fiadas máis cos que poder consolidar as cabeceiras. Iso permitirá que sexan máis estables, que reciban mellor o impacto das augas e ao tempo que sexan máis interpretables polos visitantes.

Outra das accións de consolidación precisa será a de realizar drenaxes naqueles lugares que recuperen os niveis orixinais logo de seren retirados os cascallos e terras.

Expediente: L20-19.20-09-0118

Promotor: Concello de Cualedro

Concello e Lugar: San Millao (Cualedro)

Puntuación: 54

Orzamento aceptado: 9.317,00

Porcentaxe axuda: 81%

Contía axuda: 7.546,77

118 Cualedro