CONSTRUCCION DE PARQUE INFANTIL NA RÚA DO CRUCEIRO EN LAZA

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Este proxecto busca crear un novo parque infantil na poboación de Laza, que na actualidade non conta con ningún parque no seu casco urbano, e polo tanto, servirá para dotar a toda a poboación de Laza dun novo lugar de esparexemento e lecer, especialmente para os mais cativos.

A zona onde se vai realizar a actuación está situada no núcleo de Laza, e mais exactamente nun espazo ao carón do Regueiro da Rúa, que sirve de enlace entre a rúa do Cruceiro e a Estrada de Vilar de Barrio, sendo un lugar bastante céntrico e de reunión dos veciños.

Expediente: L21-19.20-09-0149

Promotor: Concello de Laza

Concello e Lugar: Laza

Puntuación: 39

Orzamento aceptado: 18.331,50 €

Porcentaxe axuda: 49 %

Contía axuda: 8.982,44  €

149 2