Construción Pista Skate Oímbra
Proxectos Non Produtivos – Entidades Púlicas
O Concello de Oímbra pretende a construción dunha pista de skate, destinada de maneira especial ao público máis novo do seus veciños.
Será necesario o acondicionamento do terreo, con desbroce e extendido de capa de grava, para logo executar as estructuras de formigón; soleira, muros, as dúas rampas que se proxectan coas suas varandas de aceiro nos podios das rampas e unha bancada.
Expediente: L18-19.20-09-0051
Promotor: Concello de Oímbra
Concello e Lugar: Oímbra
Puntuación: 39
Orzamento aceptado: 14.701,50 €
Porcentaxe axuda: 49%
Contía axuda: 7.203,74 €
