CREACIÓN AULA TECNOLÓXICA ITINERANTE (MONTERREI)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Creación dunha aula tecnolóxica por parte do Concello de Monterrei, que permita impartir todo tipo de cursos relacionados coas novas tecnoloxías en distintas localidades do municipio.
Preténdese principalmente poñer en contacto os veciños de máis idade do concello coas novas tecnoloxías ao facilitarlle a asistencia a cursos de formación dirixidos a eles sen ter que desprazarse da súa aldea.
Tamén se pretende aproveitar este equipamento para impartir cursos de nivel para aquelas persoas adultas, nenos e mozos que xa contan cunhas nocións básicas e queiran ampliar os seus coñecementos.
O equipamento estará depositado nos intervalos nos que non haxa actividade formativa polas aldeas na edificación do Museo do Viño de Vilaza
Expediente: L20-19.20-09-0120
Promotor: Concello de Monterrei
Concello e Lugar: Aldeas do Concello de Monterrei
Puntuación: 39
Orzamento aceptado: 8.300,00 €
Porcentaxe axuda: 49 %
Contía axuda: 4.067,00 €