CREACIÓN DE AULA TECNOLÓXICA EN OÍMBRA
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Creación e dinamización dun espazo público de libre acceso, adicado ao fomento da sociedade da información, mediante a promoción do acceso aos veciños/as ás tecnoloxías da información e da comunicación. Tratando de xerar proxectos e iniciativas entre as persoas, conectándoas e estimulando a súa capacidade de transformar e mellorar o concello a través das TICS.
Dirixido ao público en xeral, as actividades programadas irán dirixidas prioritariamente aos sectores máis desfavorecidos ou con menos posibilidades de acceso ás tecnoloxías da información.
As actividades que se preveen levar a cabo para todos os públicos son:
- Curso de introdución á internet
- Curso de introducción ás redes sociais
- Perigos na internet
Expediente: L17-19.20-09-0019
Promotor: CONCELLO DE OIMBRA
Concello e Lugar: Oimbra
Puntuación: 39
Orzamento aceptado: 12.996,62 €
Porcentaxe axuda: 58,50%
Contía axuda: 7.603,02 €