Creación de aula Tecnolóxica
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
O Concello de Castrelo do Val pretende levar a cabo, a creación dunha aula tecnolóxica na primeira planta da casa consistorial (na zona da biblioteca). A ubicación é no centro do núcleo.
O investimento que se vai levar a cabo consta dunha zona de mesas con capacidade para oito equipos informáticos de sobremesa, portátil, pizarra dixital e a súa correspondente instalación en rede. Este investimento está asociado á realización de actividades formativas utilizando esta aula e o uso de internet para os veciños
Expediente: L18-19.20-09-0050
Promotor: Castrelo do Val
Concello e Lugar: Castrelo do Val
Puntuación: 40
Orzamento aceptado: 13.382,60 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía axuda: 6.691,30 €
