DÚAS SONDAXES ARQUEOLÓXICAS VALORATIVAS NO CASTELO GRANDE DE SANTIGOSO (A MEZQUITA)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Para o ano 2021, proponen dende o Concello de A Mezquita, unha intervención de sondaxes valorativas para acadar os seguintes obxectivos:

Coñecer a adscrición cultural e a adscrición tipolóxica do xacemento. É o momento idóneo para a realización dunhas sondaxes arqueolóxicas entendidas como as remocións de terras complementaria da prospección encamiñada a comprobar a existencia de restos arqueolóxicos ou a recoñecer a súa estratigrafía.

Para esta actuación proponse a apertura de 2 sondaxes de 2 x 2 metros nas zonas do castro onde se localizaron materias en superficie durante a prospección realizada en 2017.

Expediente: L20-19.20-09-0121

Promotor: Concello de A Mezquita

Concello e Lugar: Santigoso (A Mezquita)

Puntuación: 53

Orzamento aceptado: 7.486,77 €

Porcentaxe axuda: 79,50%

Contía axuda: 7.546,77 €

121 Mezquita