EQUIPAMENTO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO (Castrelo do Val)

Proxectos Non Produtivos - Entidades Públicas

O concello de castrelo do val conta cun centro de interpretación do patrimonio ubicado no núcleo central do concello no que se poden admirar os útiles de traballo do campo que se utilizaron en tempos, así coma traballos propios do campo como a malla ou a sega que, co paso do tempo, a despoboación do rural e a mecanización, se foron perdendo, e outros oficios como o de zapateiro, carpinteiro....

Así mesmo reprodúcese a elaboración do carbón que se levaba a cabo nas aldeas da montaña, onde hoxe en día conservase a "ruta dos carboeiros"

Ademais no museo atópase unha réplica da estela do guerreiro, tamén denominada estatua-menhir de pedra alta. É unha estela achada no ano 2011 en castrelo do val. Este menhir antropomorfo está datado entre el 3200 al 2900 a. c., foi realizado nun bloque de granito de unas de 175 centímetros de altura, entre 63-70 cm. de ancho y uns 30 cm de profundidade, de uns 800 kg.

Na actualidade hai moitos dos obxectos doados polos veciños que non teñen espazo nas vitrinas existentes para conservalos en bo estado e poder expolos de cara ao público, polo que se fai preciso comprar unhas vitrinas novas para ubicar as pezas pequenas.

Expediente: L23-19.20-09-0185

Promotor: Concello de Castrelo do Val

Concello e Lugar:  Castrelo do Val

Puntuación: 40

Orzamento aceptado: 9.438,00 €

Porcentaxe axuda: 50 %

Contía axuda: 4.719,00  €

185