EQUIPAMENTO PARA PROGRAMA DINAMIZACION DO RURAL (A RASELA)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Este proxecto encadrase na mellora, ampliación ou dotación de locais sociais, segundo as nosas limitacións sectoriais, a axuda máxima será de 20.000 €

O investimento solicitado é: un ordenador e una impresora para realizar todas as tarefas de xestión da entidade e de organización de actividades (impresión de carteis das actividades, impresión de fichas de socias, de memorias, de documentación para as subvencións...)

As principais destinatarias das actividades que realiza a Asociación son as mulleres socias, aínda que tamén hai actividades dirixidas a todos os veciños e veciñas de A Rasela. A Asociación de MM.RR Fonte do Sapo desenvolve un Programa de dinamización do rural que contén diversas actividades que promoven o desenvolvemento da poboación do rural, ofertando recursos e servizos inexistentes na aldea de A Rasela. Obradoiros de promoción do exercicio físico e hábitos saudables, Obradoiros de cociña, Obradoiros de TIC´s, Obradoiros artesáns, Charlas e Obradoiros de Igualdade, xornadas e xuntanzas veciñais…

As actividades desenvólvense na aldea de A Rasela-Verín (Ourense)

- Presentan declaración de non ter ningún equipamento informático nas súa asociación.

- Este proxecto encadrase na mellora, ampliación ou dotación de locais sociais, segundo as nosas limitacións sectoriais, a axuda máxima será de 20.000 €

Expediente: L21-19.20-09-0139

Promotor: Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Sapo

Concello e Lugar: A Rasela (Verín)

Puntuación: 42

Orzamento aceptado: 651,90 €

Porcentaxe axuda: 52 %

Contía axuda: 338,99  €

139