Limpeza, recuperación e posta en valor do Castro de San Millao
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Intervención Arqueolóxica, para limpeza, recuperación e posta en valor do Castro de San Millao. Está o Concello de Cualedro iniciando a recuperación do Castro da Cidá de San Millao. Pretenden realizar unha actuación encamiñada á limpeza, restauro e consolidación do monumento para conseguir a posta en valor dun monumento histórico de primeirísima magnitude. Realizarase en tres fases; 1. Limpeza superficial do recisto, 2. Excavación arqueolóxica, 3. Recuperación de construcción, restauro e consolidación.
Expediente: L18-19.20-09-0049
Promotor: Concello de Cualedro
Concello e Lugar: San Millao (Cualedro)
Puntuación: 54
Orzamento aceptado: 18.361,75 €
Porcentaxe axuda: 81%
Contía axuda: 14.873,02 €