MODIFICACION DO PARQUE INFANTIL (VILARDEVÓS)
Proxectos Non Produtivos - Entidades Públicas
Na actualidade, o centro de Vilardevós dispón dun parque infantil, obxecto deste proxecto, que non se pode utilizar, debido ás medidas de seguridade e saúde dispoñibles.
O chan do parque está formado por area, considerada un elemento crítico para a hixiene xa que se atopa nunha zona rural aberta ao acceso de animais, susceptible de depositar os seus excrementos na area e converter o chan do parque nunha fonte de xermes.
O Concello de Vilardevós pretende Modificar o parque infantil existente para uso recreativo público que reúna as condicións de seguridade e saúde adecuadas para o seu uso.
Instalación de pavimentos continuos de caucho para proporcionar unha maior absorción de impactos en caso de caída dos nenos, e moita maior durabilidade, xa que se trata dun sistema sen xuntas con maior resistencia á radiación solar directa. Mellorando así tanto a saúde como a seguridade.
Expediente: L23-19.20-09-0191
Promotor: Concello de Vilardevós
Concello e Lugar: Vilardevós
Puntuación: 39
Orzamento aceptado: 18.755,00 €
Porcentaxe axuda: 49 %
Contía axuda: 9.189,95 €
