MONTEVAL ACHEGA O PROXECTO CLIMABILITY AO NOSO TERRITORIO
Este obradoiro participativo, organizado pola entidade coa colaboración do GDR Monteval, xirou en torno ás principais repercusións do cambio climático na comarca, así como dar a coñecer as solucións baseadas na natureza e como estas contribúen a frear e adaptarse a esta circunstancia. Nel participaron o alcalde de Monterrei e presidente do GDR Monteval, Jose Luis Suarez Martinez, o director xeral de Amicos, Xoán España, e o técnico de desenvolvemento rural da Fundación Juana de Vega, Daniel Canosa.
Na xornada participaron case unha trintena de persoas, entre elas distintos representantes das administracións locais e membros de colectivos ambientais e sociais da zona. Entre os asistentes atopáronse o deputado no Parlamento de Galicia, Victor Manuel Baladrón Lamas, o deputado provincial de Medio Ambiente e Enerxía por Ourense, Jose Maria Lago Cabo; así os alcaldes e representantes dos Concellos do territorio do GDR Monteval. Tamén participaron os técnicos dos GDRs da comarca e a xefa do distrito forestal de Verín – Viana.
Mediante este workshop buscouse facilitar o deseño de solucións ambientais a nivel local e a integración do enfoque ambiental na planificación das distintas políticas e estratexias. Ademais, este encontro pretendeu ser o punto de partida para o intercambio e aprendizaxe entre municipios, coa finalidade de demostrar a eficacia da aplicación de medidas ambientais baseadas na propia natureza, que permitan unha mellor adaptación ao cambio climático.