O GDR9 Asociación Monteval trae OS BOLECHAS FAN O CAMIÑO MARCIANO ao noso territorio!
No marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), OS BOLECHAS farán parada no Parador de Verín o vindeiro 30 de Outubro ás 17:00 horas.
Trátase dun espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias, onde o xogo e a diversión se combinan coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro.
Actividade de balde.
Inscricións: 988590233 ou a través de asociacionmonteval@gmail.com
Cartel CAMIÑO MARCIANO

Deja un comentario