IMPLEMENTACIÓN CNC DE CORTE Y FRESADO (PAZOS)
Proxectos Produtivos
O proxecto “IMPLEMENTACIÓN DE CNC DE CORTE E FRESADO” consiste na adquisición dunha máquina CNC de fresa de ponte de control numérico para a produción en liña de elaborados, o que permite aumentar a produtividade, gracias á redución de paradas da máquina, á diversificación das zonas de carga e descarga e á posibilidade de integración de carga automática, o que redunda nun maior aproveitamento do material, diminuíndo así os sobrantes e subprodutos, valorizando así o material.
Esta máquina permitirá aumentar a gama de produtos que Grapimat ofrece actualmente, aumentando o mercado e diversificando o catálogo, xa que permite cortes lonxitudinais, transversais, oblicuos, inclinados, curvilíneos, círculos, escavacións con disco, perfilados, etc.
Grapimat dispón dunha parcela anexa na localización do Polígono Industrial, na que se construirá unha soleira de formigón para o almacenamento dos produtos acabados, cun cerre perimetral para evitar roubos e desperfectos, que será na parcela anexa das instalacións actuais da empresa, da cal é titular.
A maiores, para unha maior automatización e facilidade de traballo para os operarios de fábrica, contémplase a instalación de tres bandeiras ou brazos, dúas na máquina granalladora, instaladas sobre pilares e con acople de dúas ventosas de xiro neumático, e unha bandeira sobre poste noutra máquina de corte por disco. En consecuencia, estas bandeiras minimizan o risco de roturas de materiais e estas tecnoloxías conducen a unha maior automatización, ó mantemento predictivo, á optimización das melloras de procesos e, sobre todo, a un nivel de eficiencia e capacidade de resposta ós clientes que non sería posible.
Expediente: L23-19.20-09-0189
Promotor: Grapimat Pazos, SLU
Concello e Lugar: Pazos (Verín)
Puntuación: 66
Orzamento aceptado: 300.943,65 €
Porcentaxe axuda: 44,50 %
Contía axuda: 133.919,92 €
INCIDENCIAS NO EMPREGO
Nº de UTAs totais a consolidar
Total: 15,96
Nº de UTAs totais a crear
Total: 1
