RECUPERACIÓN DE SALA DE REUNIÓNS DE SAN CRISTOVO (Monterrei)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

O proxecto consiste na recuperación da sala de reunións de San Cristovo. A edificación está acabada pero non reúne as condicións necesarias para realizar actividades no seu interior, polo que se fai necesario acometer obras de acondicionamento e dotación de instalacións e melloras das existentes que permitan dotar a edificación de seguridade de uso e accesibilidade.

O obxectivo que se persegue é que os veciños e a comunidade de montes da localidade teñan unha sala onde facer as súas xuntanzas, con isto preténdese reforzar os lazos entre eles e contribuír a dinamizar socialmente esta aldea.

Expediente: L21-19.20-09-0144

Promotor: Concello de Monterrei

Concello e Lugar: San Cristovo (Monterrei)

Puntuación: 43

Orzamento aceptado: 15.950,83 €

Porcentaxe axuda: 53 %

Contía axuda: 8.453,94  €

144