REDE INTERNET ALTA VELOCIDADE (A Gudiña – Vilardevós)

Proxectos Produtivos

Construción dunha rede sen fíos para ofrecer internet ultrarápido nos ámbitos obxecto do despregamento proporcionando conexións estandarizadas de polo menos 31mb/31mb (carga/descarga) e tarifas económicas similares ás do medio urbano. Na actualidade os veciños destes concellos teñen unha oferta limitada ou inexistente para a contratación deste servizo.

Os veciños poden beneficiarse ademais de servizos dunha rede ip, como telefonía, tv... O obxectivo é romper a fenda dixital que afecta ás poboacións rurais, facilitando que os seus veciños poidan achegarse a servizos como:

- Administración pública electrónica: prestación de servizos interactivos, facilitando o acceso a cidadáns e empresas, e reducindo os custos loxísticos.

- Educación: reforzar o proceso de aprendizaxe en liña con ferramentas de software para videoconferencia e facilitar a colaboración entre institucións educativas.

- Saúde: as actuais aplicacións de telemedicina permiten achegar ás persoas ao servizo médico, xestionando citas, comunicación paciente-centro médico e mesmo consulta a distancia.
- Entretemento: posibilidade de contratar plataformas de televisión por ip, xogos online, redes sociais,...
- Comercio electrónico: facilitar o traballo do comercio a través da rede, tanto na parte de compra como de venda.

- Teletraballo: posibilidade de traballar desde casa só con acceso a internet

Expediente: L23-19.20-09-0194

Promotor: Itegal Servicios TIC, S.L.

Concello e Lugar: Tameirón - Barxa - O Testeiro (A Gudiña) Berrande (Vilardevós)

Puntuación: 66,42

Orzamento aceptado: 155.650,92 €

Porcentaxe axuda: 50 %

Contía axuda: 77.825,46 €

 

INCIDENCIAS NO EMPREGO

Nº de UTAs totais a consolidar

Total:  7,92

Nº de UTAs totais a crear

Total:  2

Nº de UTAs a crear pertencentes colectivos desfavorecidos

Total:  2

194