REHABILITACIÓN DE EDIFICACIÓN TRADICIONAL PARA USO HOTELERO (PENSIÓN) EN A RASELA (VERÍN)

Proxectos Produtivos

O promotor propón acometer a rehabilitación dunha edificación existente co fin de obter un mellor aproveitamento do espazo existente, garantindo as condicións de salubridade, habitabilidade, seguridade, protección contra o ruído e confort térmico adecuados para o uso hostaleiro (pensión). Este uso está previsto rehabilitando a edificación tradicional existente.

Unha vez rematado, prevese un complexo turístico composto por 4 habitacións con capacidade para un total de 8 prazas de aloxamento turístico máis unha extra a petición dos clientes, sen prexuízo de que estas poidan verse reducidas nun número non significativo, por en aras de proporcionar espazos de uso común.

O establecemento turístico terá como principal obxectivo prestar un servizo de vivenda de calidade e informar aos seus usuarios das posibilidades turísticas do entorno no que se atopa.

En definitiva, preténdese ofrecer un servizo de aloxamento de curta estadía inexistente no centro da Rasela, que ademais se diferencie do tipo de servizo que ofrece o sector na comarca de Monterrei, ao tratarse dunha estancia de alta calidade habitacional, e que achegue contidos en actividades demandadas, que incluso poden ser propostas de xeito recorrente ao longo dos anos, para que os usuarios poidan valorar positivamente os contidos complementarios culturais, formativos...

Expediente: L23-19.20-09-0171

Promotor: Cristina López López

Concello e Lugar: A Rasela (Verín)

Puntuación: 49,50

Orzamento aceptado: 247.718,59 €

Porcentaxe axuda: 44,75 %

Contía axuda: 110.854,32 €

 

INCIDENCIAS NO EMPREGO

Nº de UTAs totais a consolidar

Total: 0,5

Nº de UTAs totais a crear

Total: 1

Nº de UTAs a crear pertencentes colectivos desfavorecidos

Mozos e Mulleres: 1

171