SEGUINTE FASE DA ELABORACIÓN DA NOVA ESTRATEXIA DE MONTEVAL

Na Asociación Monteval continúamos elaborando a nova Estratexia de desenvolvemento local para o período 2023-2027. A vindeira semana poremos en marcha un novo proceso participativo para seguir a desenvolver esta estratexia que, enmarcada no Plan estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, pretende converterse na folla de ruta a seguir en cuestións como promoción do emprego, crecemento económico, inclusión social e desenvolvemento local nas zonas rurais comprendidas nos 10 concellos do territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural.

Será nunha xornada de traballo que se celebrarán na Sala de Formación do Polo de Emprendemento no Polígono de Pazos (Verín) e que estará aberta á participación activa de todos os grupos de interese, de tal forma que teñan voz na identificación de problemáticas, necesidades e retos de futuro do territorio, así como no deseño da planificación estratéxica.

Esta xornada terá lugar o vindeiro martes 20 de Xuño

E desenvolverase de 17:30h a 19:30h detectaranse as necesidades dos sectores agroforestal e gandeiro, das do ámbito social, cultural, empresarial e turístico

As persoas ou entidades interesadas en participar poden confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico asociacionmonteval@gmail.com ou no teléfono 988590233.

Deja un comentario