SENDA PEONIL, REHABILITACION DE CASETAS Y CONSTRUCIÓN DE MIRADORES (Vences)
O proxecto levarase a cabo no monte propiedade da cmvmc serra de meda-vences e acondicionarase unha senda peonil que se atopa a unha distancia de 10.9km da casa consistorial do concello de monterrei, a distancia de actuación é de 6,064 km, e cumprirá ca normativa de homologación de sendeiros de Galicia 2018 elaborada pola federación galega de montañismo.
Rehabilitaranse 3 construcións ruinosas, 2 das antigas casetas forestais e 1 edificación en ruínas resto das minas de estaño cas seguintes superficies aproximadas. caseta petroglifo: 24,75 m2, caseta do garda: 12 m2 e caseta das minas: 30,25 m2.
Construiranse dous miradores, un cara a vertente oeste da serra no que se verá a serra do larouco e a chaira da limia e outro cara a vertente leste no se que verá o val do támega e a serra do invernadoiro.
As casetas terán un uso como museo etnográfico e de interpretación.
A caseta do garda representará o desenrolo do plan xeral para a repoboación forestal levado a cabo na época da post guerra española como medida para paliar o paro rural. darase a coñecer mediante carteleria, fotos e unha representación da forma de vida da época con utensilios comúns, como unha lareira e pequeno mobiliario.
na caseta das minas describirase a época e circunstancias que propiciaron a apertura, explotación e peche da mina, farase tamén mediante cartelería, fotos e pequeno mobiliario xunto con ferramenta como picos e pás que recrearán aquela época.
A caseta do petroglifo tamén é da época da repoboación forestal pero dada a súa proximidade o petroglifo de as cuncas/as ferradas, enfocarase o seu uso a interpretación deste elemento así como das lendas que o arrodean. farase, da mesma maneira que nos casos anteriores, mediante cartelería, fotos e elementos que recreen a forma de vida da época rupestre, lareira e utensilios como machadas e coitelos.
O uso do sendeiro e dos miradores son recreativos e de lecer.
Todos serán gratuitos.
Expediente: L21-19.20-09-0159
Promotor: Comunidade de Montes Sierra de Meda
Concello e Lugar: Vences (Monterrei)
Puntuación: 53
Orzamento aceptado: 110.376,64 €
Porcentaxe axuda: 79,50 %
Contía axuda: 87.749,43 €