REHABILITACIÓN DO CHAN DA CAPELA DE SANTA MARTA EN LUCENZA (CUALEDRO)
Proxectos Non Produtivos - Entidades Privadas
A capela da Santa Marta está situada nun xacemento romano a 1,5 km ao sueste da aldea de Lucenza. Consta dun pequeno edificio de planta rectangular que no seu interior acolle unha lauda sepulcral do s. VI dedicada a un devoto de nome Vermudus, polo que se trataría dunha das probas máis antigas da presenza do cristianismo na zona.
Na capela e no seu entorno xa se levan feito algunhas actuacións para a súa rehabilitación: limpeza do entorno, sinalización, paneis informativos, retellado...
O máis urxente agora e retirar os restos do chan podrecido e carcomido para que se poida volver celebrar a misa e tamén para que a capela poida ser visitada polos turistas sen que represente un perigo o estado do chan. A continuación preténdese colocar un chan de
madeira de castiñeiro tratada e disposta de xeito que se facilite a accesibilidade. Permita unha boa conservación ante os problemas da a humidade e o caruncho da madeira e que sexa respectuoso co xacemento arqueolóxico sobre o que se asenta.
Expediente: L19-19.20-09-0109
Promotor: Asociación de Veciños de Lucenza
Concello e Lugar: Lucenza - (Cualedro)
Puntuación: 54
Orzamento aceptado: 3.600,00 €
Porcentaxe axuda: 81%
Contía axuda: 2.916,00 €