Monteval

A Asociación Monteval GDR-9 constitúese en xuño de 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes terrioriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación: A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Estratexia

Dende a Asociación Monteval GDR-9, pretendemos levar a cabo unha estratexia de desenvolvemento que teña en consideración uns principios transversais para todo tipo de actuacións que pretendan ser beneficiarias dos fondos Leader para o período 2014-2020. Estes principios son os cinco seguintes:

  • Sustentabilidade
  • Diversificación
  • Compatibilidade
  • Racionalidade
  • Igualdade de oportunidades

Unha vez que temos claros estes principios transversais, coas distintas actuacións que se desenvolvan vaise buscar sempre acadar o obxectivo de mellorar a calidade de vida no medio rural, que é, en esencia, o que perseguimos con este programa de desenvolvemento rural.

Obxetivos da estratexia

  • Fixación da poboación no medio rural
  • Recuperación das actividades agrarias
  • Mellora da xestión dos montes comunais e das actividades forestais
  • Disminución das taxas de desemprego
  • Diminución dos desequilibrios entre os eidos urbano e rural no territorio
  • Fomento da sustentabilidade ambiental, da eficiéncia enerxética e das enerxías renovables

Plan de acción

Pretendemos apostar polas producións que contan con máis tradición no noso territorio pero sen deixar o camiño pechado á innovación e ao aproveitamento integral dos nosos recursos.

  • Sectores estratéxicos ou preferentes
  • Sector agro alimentario
  • Sector da rehabilitación do patrimonio e da paisaxe rural
  • Elaboración e comercialización de productos endóxenos
  • Turismo especializado

Medidas da estratexia

  • Aproveitamento innovador dos recursos e diversificación da economía rural
    • Aproveitamento dos recursos endóxenos
    • Diversificación da economía rural
  • Protección da paisaxe rural
  • Disminución do impacto ambiental e mellora na xestión dos recursos
  • Mellora dos servizos e renovación ás poboación ruraris

Documento completo

Localización

mapa_gdr_galicia-2014-2020-3

Mapa dos GDRs de Galicia

GDR-9 Monteval (Fai clic no para ir ás webs dos concellos)

Xunta directiva

Vogais

Cristina Clavería Alves

Sonia Conde Sánchez

Ricardo Prieto Rocha

Diego Lago Cabo

José Luis Vaz Fernández

Santos Álvarez Diéguez

Tamara Balboa García

Itziar Rodríguez Lozano

Begoña Vázquez Gago

Vicente Gómez García

José Ramón Barreal Novo

Eva Pérez Gamote

Rafael Pérez Vázquez

Eva María Barrio López

Néstor Ogando Blanco

Ana Villarino Pardo

Diego Lourenzo Moura

Presidente

Jose Luis Suárez Martínez

Vicepresidente

Luciano Rivero Cuquejo

Secretaria

Esther Diz Salgado

Tesoureiro

Sergio Criez Rivero

Grupo técnico de xestión

Xerente

Ana Pardo Pardo

Técnico

Marcos Sánchez Sabariz

Administrativa

María Cristina Colmenero Atanes

Socios

Contamos con case 100 socios do sector privado (culturais, veciñais, comunidades de montes, etc) e do sector público (concellos).

Se como asociación queres facerte socio da Asociación Monteval GDR-9, so tes que enviarnos o seguinte formulario cumplimentado, unha copia da acta fundacional, unha copia dos estatutos e a acreditación de ter como mínimo, un ano de actividade no territorio. Ao correo asociacionmonteval@gmail.com.