ESPAZO DE OCIO E MOBILIARIO URBÁN EN EROSA (A GUDIÑA)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Creación dun espazo de ocio para os veciños de Erosa, localizado no medio do núcleo rural, lugar de reunión dos veciños e zona de paso de moitos peregrinos. Tratan de dotar dunha zona de calidade ao aire libre que poida acoller distintas actividades de carácter cultural e recreativo.
Entre as actuacións que se pretenden levar a cabo, inclúese a creación de zonas para sentarse e o acondicionamento da superficie de pavimentación colocando un acabado apto para os posibles usos que vaian ter lugar neste espazo.
Búscase conseguir un espazo de interese colectivo que facilite o desenvolvemento de accións por parte da poboación, favorecendo a conservación e potenciación do patrimonio cultural da zona.
Expediente: L20-19.20-09-0130
Promotor: Asociación de Veciños de Erosa
Concello e Lugar: Erosa (A Gudiña)
Puntuación: 45
Orzamento aceptado: 32.341,14 €
Porcentaxe axuda: 55 %
Contía axuda: 17.787,63 €