ROTEIRO DO RÍO PICHOS OU DOS MUIÑOS XIRONDA – CASTRO DE SAN MILLAO (CUALEDRO)
Proxectos Non Produtivos - Entidades Públicas
Preténdese, ao abeiro do presente proxecto, a creación dun roteiro interpretativo na contorna do río Pichos ou dos Muíños que permita a conexión do núcleo habitacional da Xironda co xacemento arqueolóxico coñecido como Castro de San Millao. De tal modo que se crea un equipamento deportivo, saudable e cultural para a veciñanza ao tempo que se engade valor a un produto turístico de primeira orde na comarca.
Expediente: L23-19.20-09-0173
Promotor: Concello de Cualedro
Concello e Lugar: A Xironda (Cualedro)
Puntuación: 54
Orzamento aceptado: 12.766,10 €
Porcentaxe axuda: 81 %
Contía axuda: 10.340,54 €