REHABILITACIÓN DO PALCO DA MÚSICA DA ALAMEDA DE VILAZA (MONTERREI)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
O Concello de Monterrei pretende facer as obras de restauración dun elemento da arquitectura civil das primeiras décadas do século pasado: O Palco da Música.
Na actualidade a estructura do palco atópase desestabilizada debido a acción das raíces das árbores e ao efecto das cheas periódicas nas que as augas do río Búbal asolagan a zona.
Preténdese realizar a restauración deste elemento senlleiro da arquitectura civil.
As obras a realizar consitirán no desmontado do palco, e o montaxe das pezas. Acometendo as seguintes obras:
- Excavación e formación da placa de cimentación con formigón armado.
- Desmontaxe do palco, formación dunha estructura interior e montaxe do palco.
- Formación dun solado de lastro de granito moreno e restauración do céspede.
Expediente: L17-19.20-09-0039
Promotor: CONCELLO DA MONTERREI
Concello e Lugar: Vilaza (Monterrei)
Puntuación: 49
Orzamento aceptado: 9.498,50 €
Porcentaxe axuda: 73,50%
Contía axuda: 6.981,40 €