RECUPERACIÓN PATRIMONIAL E AMBIENTAL DO CASTRO DE LOBARZÁN/ CASTRO DAS LAXES DAS CHAS (MONTERREI)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
O Concello de Monterrei en colaboración co Concello de Oimbra, pretende levar a cabo un proxecto para a recuperación patrimonial e ambiental no castro do Castelo das Laxas das Chás/ Castelo de Lobarzán localizados nos municipios de Monterrei e Oimbra.
Os investimentos consistirán nunha primeira prospección intensiva da contorna do Castro. Para comenzar coa intervención no terreo realizase unha limpeza da cuberta vexetal, a intervención no terreo continuará cos traballos arqueolóxicos propiamente ditos. Os traballos de campo completaranse con levantamentos topográficos e procesos de dixitalización, estableceranse bases topográficas. Unha cuestión derivada da propia actividade arqueolóxica será a conservación dos restos exhumados. Todos os traballos complementaranse coas obrigadas actividades divulgativas, tanto en publicacións no eido científico coma a divulgación ao público xeral (conversas cos veciños, xornadas de portas abertas, divulgación online)
Expediente: L18-19.20-09-0073
Promotor: Concello de Monterrei
Concello e Lugar: Vilaza e As Chás (Concello de Monterrei)
Puntuación: 52
Orzamento aceptado: 46.222 €
Porcentaxe axuda: 78%
Contía axuda: 36.053,16 €