ADECUACIÓN INTERIOR EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DO RIÓS

Proxectos Non Produtivos - Entidades Públicas

A obra consiste en adaptar un espazo que agora está en desuso como é o caso do ximnasio municipal para dedicalo a outros usos de oficinas para as dependencias municipais (traslado da oficina de servizos sociais e de xulgado de paz) e trasladar o ximnasio a outras dependencias municipais. Esta solicitude preséntase a través de Leader coa fin de habilitar novos espazos mediante obra civil, para ao facelos de forma conxunta, acurtar tempos e presuposto.

Os obxectivos que se pretenden acadar son mellorar a prestación dos servizos municipais, dotar dunha maior accesibilidade a este tipo de servizos mediante o traslado dos mesmos á planta baixa do edificio multiusos, centralización de servizos básicos municipais, mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e mellorar os servizos públicos que se lle prestas aos/ós veciñas/os do concello.

Para prestar as funcións destes dous servizos vaise aproveitar a dotación de material que tiñan os administrativos no despacho orixinal e nas diferentes estancias do Concello que se atopan sen uso.

Expediente: L23-19.20-09-0177

Promotor: Concello de Riós

Concello e Lugar: Riós

Puntuación: 38

Orzamento aceptado: 19.928,69 €

Porcentaxe axuda: 39 %

Contía axuda: 7.772,19  €

177_3