EQUIPAMENTO CENTRO SOCIAL E CULTURAL EN MARCELÍN (RIÓS)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Con este proxecto preténdese conseguir dous obxectivos básicos por parte do Concello de Riós:
- Promoción do turismo cultural e patrimonial do concello.
- Darlle continuidade á iniciativa rematada no seu día, como foi o caso da reforma do Centro Social e Cultural de Marcelín que con esta última acción poderá cumprir coa finalidade: servir de encontro para os membros da Asociación de Veciños deste pobo, coa finalidade de traballar pola conservación do Entroido de Riós. Estas instalacións servirán como punto de encontro para organizar obradoiros para a confección do traxe e tódalas actividades que estén relacionadas coa cultura, como é tamén a cultura oral, pois dende a asociación traballan na recollida de cantigas tradicionais e típicas da zona, polo que este lugar vaise ser un centro de referencia para a cultura en xeral i en especial para a conservación da tradición do seu entroido.
Expediente: L20-19.20-09-0114
Promotor: Concello de Riós
Concello e Lugar: Marcelín (Riós)
Puntuación: 40
Orzamento aceptado: 5.814,05 €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía axuda: 2.907,00 €