EQUIPAMENTO CENTRO SOCIAL NOCEDO DO VAL (CASTRELO DO VAL)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

O Concello de Castrelo do Val conta con un centro social no núcleo de Nocedo do Val, no que os veciños realizan diversas actividades como ximnasia, xogos de cartas, manualidades así como algunha comida de confraternidade.

Ese centro tamén sirve para realizar asembleas de veciños, ben sexa de comuneiros ou da asociación de veciños. Para paliar a escasez de mobiliario existente coa fin de cubrir as súas necesidades, solicítase dotar ao centro social de mobiliario para que os seus veciños podan realizar as actividades en boas condicións.

Expediente: L20-19.20-09-0119

Promotor: Concello de Castrelo do Val

Concello e Lugar: Nocedo do Val (Castrelo do Val)

Puntuación: 42

Orzamento aceptado: 6.744,54 €

Porcentaxe axuda: 52 %

Contía axuda: 3.507,16  €

119 Castrelo