LIMPEZA, RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO CASTRO DE A SACEDA (CUALEDRO)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
O concello de Cualedro pretende potenciar o desenvolvemento económico do concello é a da promoción dos seus valores ambientais, históricos e paisaxísticos singulares.
Este proxecto trátase de obras de actuacións de calado encamiñadas á consolidación, restauro e conservación das estruturas mediante a realización de canles de drenaxe e saneamento das estruturas. Pretendendo agora realizar unha actuación encamiñada á continuación destes traballos tentando acadar outro chanzo na conservación deste elemento e incrementarmos o coñecemento sobre o monumento e en xeral sobre a historia do noso territorio.
Expediente: L19-19.20-09-0099
Promotor: Concello de Cualedro
Concello e Lugar: A Saceda - (Cualedro)
Puntuación: 55
Orzamento aceptado: 21.648,81 €
Porcentaxe axuda: 82,50%
Contía axuda: 17.860,27 €