POSTA EN VALOR DAS RUTAS PATRIMONIAIS DO CONCELLO DE OIMBRA

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

O Concello de Oímbra presenta o proxecto “POSTA EN VALOR DAS RUTAS PATRIMONIAIS DO CONCELLO DE OÍMBRA” O proxecto ten dous eixos fundamentais de inversión: a creación dunha web-app das rutas patrimoniais e a instalación en lugares estratéxicos do concello de bancos-mirador personalizados e dun columpio-mirador.

Ámbalas dúas ideas perseguen un obxectivo común, poñer en valor o patrimonio, fomentando un turismo activo a través da realización polas diversas rutas de actividades deportivas (paseo, trecking, ciclismo de montaña,…), recreativas, culturais, de interpretación do patrimonio, descoñecemento da natureza e de esparcimento, nun ambiente natural como é o do noso Concello, usando os recursos de forma respectuosa,sen degradalos ou esgotalos.

E pretendemos facelo, empregando un método novidoso e actual para a promoción e coñecemento das rutas e dos recursos endóxenos do Concello de Oímbra, a Web-App, facilitando deste xeito os accesos, o camiño a seguir, a información básica dos recursos que se poden ver e visitar na zona, explicacións interactivas ó pé dos recursos, podendo empregalos á medida de cada en, cando mellor lle conveña á persoa …A punto focal do proxecto é a creación dunha web-app, á cal se pode acceder a través dos teléfonos móviles, na cal se elixen as rutas que se queren facer, e unha vez elixidas, contase cun mapa para poder acceder correctamente aos sitios, guiando aos turistas e visitantes, complementado con videos e audios explicativos dos recursos que se poden ir vendo ao longo das diferentes rutas. Prevese a realización da web- app en varios idiomas, para poder informar e chegar ao maior número de turistas e visitantes posibles. Serían Castelán e Galego por ser os idiomas mais falados na zona, Portugués (debido a proximidade de Oimbra coa fronteira portuguesa), Inglés e Francés, xaque son os idiomas máis solicitados na comunidade.

Ao principio contaremos cun par de rutas ás cais se irán engadindo máis rutas patrimoniais para poder mellorar o servizo, e tamén desta maneira o usuario coñeza mellor e permaneza máis tempo polo Concello de Oímbra.

O outro punto básico do proxecto é a instalación de diverso mobiliario urbano en lugares emblemáticos e estratéxicos do Municipio,no que se pretende que a xente se achegue ata eles practicando un turismo activo e sostible, queremos que sexan puntos de atracción tanto dende un punto de vista natural, paisaxístico, deportivo e mesmo turístico, aproveitando o tirón que está tendo este tipo de mobiliario urbano.

Os lugares onde se instalarán serán de titularidade pública, e como xa se dixo cunha importancia paisaxística estratéxica, por exemplo, no lugar de Santa Ana (Lugar situado nunha das partes altas do Monte Soutullo, ó pé dunha Capela.

Expediente: L21-19.20-09-0146

Promotor: Concello de Oimbra

Concello e Lugar: Oimbra - Santa Ana - Espiño - Bousés - San Ciprián

Puntuación: 44,20

Orzamento aceptado: 12.273,30 €

Porcentaxe axuda: 54,20 %

Contía axuda: 6.652,13  €

146