REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE POSTA EN VALOR DOS USOS PUBLICOS NA FINCA “O PILO”, EN O CASTRO (LAZA)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
As actuacións serán destinadas a posta en valor do espazo “O Pilo”, nas inmediacións de O Castro, correspondense á creación dun área de lecer e esparexemento.
A situación de partida tratase dunha zona que a día de hoxe se atopa prácticamente abandonada e á que a día de hoxe non se lle dá uso ningún.
O plan de traballos consistirán na mellora e posta en valor da parcela, recuperándoa e mellorándoa para un uso colectivo, como lugar de esparexemento. As actuacións previstas pódense dividir en tres zonas básicas:
- Zona de descanso (con mesas, cuberta tipo pérgola, fonte e papeleiras)
- Parque infantil (con valado perimetral, solo de area e diversos xogos)
- Zona de esparexemento e lecer activo (Sendeiros, maquinas biosaludables, cauce artificial, prantas aromáticas, bancos, xogo da oca xigante)
Hai elementos común para todas as zonas, como é a plantación de árbores de sombra, ou a creación de sendeiros ou camiños adaptados, que as conecten entre si.
Preténdese, pois, realizar unha actuación integral sobre a parcela, de xeito que se cubran as necesidades de lecer e esparexemento de todos os rangos de poboación da zona (dende a infantil ata os maiores), ademais de procurar un espazo que poida resultar atractivo dende o punto de vista do ocio para outros visitantes, e por tanto, buscando o dinamismo nun entorno rural como este.
Expediente: L17-19.20-09-0022
Promotor: CMVMC DE TAMICELAS, O CASTRO E NAVEAUS
Concello e Lugar: O Castro (Laza)
Puntuación: 44
Orzamento aceptado: 62.543,18 €
Porcentaxe axuda: 54%
Contía axuda: 33.773,32 €