Rehabilitación do contorno do Muiño de Abaixo en Flariz
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Trátase dunha zona de ribeira poboada de vexetación arbórea, a edificación que abeiraba o muíño atópase na beira dereita do río. Trátase dun típico muíño de cubo no que destaca a balsa construída cuns enormes perpiaños, a caldeira de pedra e a pontella de acceso.
Na actualidade a edificación atópase en mal estado de conservación, sen cuberta e co muro leste parcialmente esborrallado.
As obras a realizar consistirán na mellora do contorno e na consolidación da edificación, será necesario acometer as obras:
- Roza manual da vexetación.
- Melloras silvícolas na vexetación de ribeira.
- Limpeza da edificación, retirada de cascallos e da vexetación no interior e paramentos.
- Consolidación dos muros con protección das cabezas.
- Colocación de lousas de pedra desprazadas na caldeira, balsa e pontella de acceso.
Expediente: L18-19.20-09-0054
Promotor: Concello de Monterrei
Concello e Lugar: Flariz (Monterrei)
Puntuación: 53
Orzamento aceptado: 8.388,05 €
Porcentaxe axuda: 79,50%
Contía axuda: 6.668,50 €