Undécima edición dos Premios Agader

undecimospremiosagader

Coa finalidade de premiar aquelas iniciativas que contribúan a xerar unha sociedade máis dinámica e cohesionada, convócase a undécima edición dos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR709A)

Enlace as bases ---->

Enlace a sede electrónica ---->

 

Resumo das categorías:

a) Categoría mocidade, para as iniciativas levadas a cabo por persoas mozas, que
constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación.
Para estes efectos, terá a consideración de persoa moza quen non teña máis de corenta
anos na data en que finalice o prazo para presentar a iniciativa ou, no caso de persoas
xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpra este requisito.

b) Categoría proxectos culturais e de recuperación patrimonial no medio rural, para as
iniciativas orientadas a poñer en valor, conservar e recuperar elementos patrimoniais do
rural galego, así como aqueles aspectos da nosa cultura que se constitúen como sinais de
identidade do medio rural.

c) Categoría proxectos de interese social, para as iniciativas orientadas á integración
dos colectivos máis desfavorecidos, á inserción social ou ao coidado dos nosos maiores.

d) Categoría turismo, para as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico
potenciando a ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.

e) Categoría sector agrogandeiro, dirixida a iniciativas desenvolvidas dentro dos sectores da gandaría, a agricultura e/ou a transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.

f) Categoría mulleres, orientada ás iniciativas levadas a cabo polas mulleres no medio
rural, desde unha óptica de igualdade e progreso, en que sexan fundamentais valores
como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.

g) Categoría innovación tecnolóxica, dirixida ás iniciativas desenvolvidas no rural galego
que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus
produtos ou servizos, para diminuír custos, para ofrecer unha maior gama de produtos ou
servizos ou para seren máis rápidas na súa introdución no mercado.

h) Categoría premio á loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras agrarias,
destinada ás iniciativas que puxesen en marcha proxectos ou experiencias que contribúan,
directa ou indirectamente, a loitar contra o abandono de terras agrarias ou a recuperar
aquelas que xa están en situación de abandono, ou ben a visibilizar este abandono como
un problema grave para o conxunto da sociedade galega

Deja un comentario