CURSO REPOSTERÍA TRADICIONAL

CURSO: PASTELERÍA E REPOSTERÍA TRADICIONAL

Volvemos logo dun curto verán a meternos de novo na cociña e gozar coa maxia da repo

stería.

Os temas mais interesantes a tratar neste obradoiro serán os seguintes:

1. Aparellos e maquinaria na pastelería e repostería.

2. Materias primas auxiliares.

3. Técnicas e operación básicas en pastelería e repostería.

4. Elaboracións básicas:

  • Cremas e recheos doces e salgados
  • Masas e pastas
  • Outras elaboracións básicas en pastelería e repostería
  • Decoración e conservación en pastelería e repostería

Este curso terá un carácter eminentemente práctico.

LUGAR: A RASELA (Verín), nun entorno ben coñecido polo Leader, debido ao proxecto levado a cabo por Andrés Rodríguez  de "Edificio e Equipación Maquinaria Destinado a Panadería, Pastelería e Derivados de Lácteos" na anualidade 2017-2018.

COMEZO: 21 de Setembro de 2021 en Horario de Tarde

A duración do curso será de 12 horas distribuídas en tres xornadas e con grupos reducidos de 8 participantes, coa fin de preservar ao máximo a seguridade e saúde de tódolos asistentes.

INSCRICIÓN: Gratuita na oficina de Monteval  (Polígono de Pazos) ou no teléfono 988.59.02.33

Deja un comentario